Intervención-Facenda

 

Wintask-SICAL: Familia de productos desenrolados para o Area de Intervención. Cumpre a normativa SICAL, aportando solucións de xestión financieira de gran axuda. É aberta e modular, integrándose ós paquetes ofimáticos do mercado.

 

     Wintask-Conta.

É multiaplicación en tódalas suas fases. Utiliza asentos predefinidos adaptables polo usuario, que poden conter ata o terceiro, texto, contas financieiras e partidas presupostarias a utilizar. Ten botóns de consulta en calqueira dos campos, visualiza o estado da partida e a súa vinculación. O usuario pode consultar calquera saldo de forma inmediata. As consultas pódense imprimir con previsualización, así como os informes. Consolida saldos bancarios controlando transferencias enviadas ou xeradas.

 

 

     Wintask- Rexistro de Facturas.

 

Libro de facturas de Contabilidade enlazado co estado presupostario do presuposto municipal. O ciclo de funcionamento baséase no rexisto de facturas, confección de relacións para a súa aprobación e a súa posterior contabilización, en calquera das fases presupostarias.

 

 

      Wintask-Presupostos.

 

A través deste módulo, pódese importar o presuposto xeral do municipio, e realizar as estimacións oportunas, controlando o desvío presupostario. Conta con tódalas plantillas para os documentos de aprovación, así como a súa posterior contabilización. Axusta o presuposto no caso de estar a traballar con un prorrogado.

 

 

         Wintask-Patrimonio.

 

Este módulo xestiona o Inventario Municipal de Bens. Utiliza fichas modulares según o epígrafe do ben a inventariar. Pódense acompañar fotos, planos, ou calquera imaxe que se queira asociar á ficha. Relaciona bens para a súa valoración en conxunto.

 

 

     Wintask-Proxectos.

 

Para xestionar proxectos plurianuais, este módulo presenta un completo seguimento do proxecto, controlando os seus recursos xerais, ingresos afectados, posibles créditos e subvencións comprometidas. Incorpora o cálculo de coeficientes.

 

 

 

 

Nóminas, Seguros Sociais e Xestión de Persoal:

 

     Wintask-Nómina.

 

Wintask-Nómina é o conxunto de aplicacións deseñado para a xestión de nóminas e seguros sociais. Parametrización de tódolos datos necesarios para o cálculo das Nóminas e Seguros Sociais, incluíndo TC´S, I.R.P.F., etc. Mantemento dende a aplicación dos datos da Seguridade Social, Grupos de Tarifa, Epígrafes, Tabra de I.R.P.F., Tipos de Contrato coas súas bonificacións e reduccións, ás que deran lugar. Regularización automática mensual do I.R.P.F. por empregado. Actualización de Bases e Tipos de Cotización, de acordo co disposto na Orde do 29 de Xaneiro de 2001, B.O.E. Nº27 (31 de Xaneiro), actualizable cada ano no momento no que se publique calquera modificación. Confección de Contratos laborais actualizados, Altas e Baixas á S.S., etc. Gestión de Persoal Laboral, incluso con equiparación con funcionarios e Órganos do Governo. Control de Trienios, automáticamente, no cálculo do mes correspondente e permitindo a suma do mesmo. Posee un Módulo de Enlace Contable coa aplicación WINTASK-SICAL ou coa aplicación de Contabilidade preparada para tal fin.

 

      

         Wintask-CENDAR.

 

Aplicación de comunicacións coa Tesoreiría da Seguridade Social. Realiza ó envío do rexistro de afiliacións e TC-2 a través do programa Winsuite, suministrado pola Seguridade Social. Recolle de Wintask-Nómina tódolos datos dos traballadores e confecciona o ficheiro de intercambio de información.

 

 

         Wintask-Atrasos.

 

Dende esta aplicación pódense calcula-las nóminas de atrasos dos traballadores, seguindo varios criterios de variación: porcentaxe, importe a variar, ou importe final. Xera unha única nómina coa suma dos atrasos. Inclúe o TC-2 de atrasos e liquidacións complementarias.

 

Wintask-Persoal e RRHH.

 

WURTH desenrolou Wintask-Persoal, unha aplicación informática para a xestión integral dos Recursos Humanos no ámbito da Administración Local.

 

    Wintask-Persoal divídese nos seguintes apartados:

 

 

Definición de cada posto de traballo, control de prazas libres e cubertas, bolsa de traballo, cadro de persoal, relación de postos de traballo (RPT), formularios a través de plantillas, vida laboral de cada empregado, histórico de situacións administrativas, …

 

 

Control de trienios, cursos, contratos, sancións, permisos, ceses. Carpeta de documentos anexos (oficios, requerimentos, documentación escaneada, etc.)

 

 

Definición de requisitos, baremos, gestión de candidatos, selección de admitidos.

 

 

Recolle tanto as ausencias diarias como por horas. Control de coincidencias en negociados. Cadro gráfico de ausencias por meses.

 

Wintask-Persoal inclúe tódolos códigos establecidos polo Ministerio de Administracións Públicas para a Xestión de Personal, así como os formularios correspondentes.